Tilia
Tilia
[PLANTA]
Xénero de árbores caducifolias, da familia das tiliáceas, que presenta follas simples, cordiformes, lixeiramente asimétricas, dentadas e con estípulas caducas. As flores son de cor amarela ou abrancazada, aromáticas, agrupadas en pequenas cimas e froito en núcula. As flores constitúen a tila. En Galicia atópase como árbores ornamentais as especies T. tomentosa e T. cordata.