tinguidura

tinguidura

(< tinguir)

  1. s f

    Acción e efecto de tinguir ou tinguirse.

    Sinónimos: tintura.
  2. s f [BIOL]

    Procedemento que se emprega en exames citolóxicos, histolóxicos e microbiolóxicos e en análises bioquímicas, para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada. O fundamento das tinguiduras está na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante. Denomínase tinguidura diferenciada a que se efectúa mediante dous colorantes, o primeiro dos que se fixa en certas estruturas e resiste o posterior lavado con alcohol ou cun ácido, e o segundo colorante actúa sobre os elementos que non fixou o primeiro. Este principio emprégase na tinguidura de Gram. Na tinguidura vital o colorante é inxectado ou absorbido en células ou tecidos vivos, in vitro ou no animal. A tinguidura negativa úsase en microscopia electrónica.

Formas incorrectas

tinte

Palabras veciñas

tingle | Tinguely, Joan | tinguidor -ra | tinguidura | tinguilear | tinguir | tino