tintureiro -ra

tintureiro -ra

(< tintura)

s

Persoa que ten por oficio tinguir, lavar e pasar o ferro a materias téxtiles. Antigamente eran menestrais que constituían dúas corporacións: os tintureiros de pano ou la e os tintureiros de seda e teas. O tintureiro de panos tinguía os tecidos de la, denominados tradicionalmente panos. O tintureiro de seda daba tintura aos tecidos de seda e tamén aos de teas, fío e algodón. A súa formación gremial foi máis tardía ca dos tintureiros de pano, cara ao primeiro cuarto do s XVII.

Palabras veciñas

tintorio -ria | tintura | tinturaría | tintureiro -ra | tinturería | tínxido -da | tinxir