Tío Marcos d’a Portela, O

Tío Marcos d’a Portela, O
[PUBLIC]

Xornal publicado en Ourense a partir do 21 de febreiro de 1917 que cesou o 7 de xullo de 1919 (nº58). Coa mesma cabeceira e idénticos contidos e espírito que a publicación orixinal, algúns investigadores considérana como a terceira época do xornal publicado por Lamas Carvajal. Editada polas Irmandades da Fala de Ourense, a cabeceira funcionou como voceira desta organización cunha periodicidade quincenal e nova numeración. Dirixido por Hixinio Ameixeiras, o seu propietario, os contidos seguiron a liña do orixinal: composicións literarias, artigos de opinión e diálogos, pero engadiu tamén información sobre as actividades das Irmandades. Contou coa colaboración de destacados escritores rexionalistas da época.

Palabras veciñas

tinxir | tinxitano -na | Tío Marcos d’a Portela, O | Tío Marcos d’a Portela, O | Tío Pepe, O | tío, tía | tio-