tiol

tiol
s m [QUÍM]

Conxunto dos compostos orgánicos que se caracteriza pola presenza dun grupo -SH enlazado directamente a un átomo de carbono. Aparecen na natureza como constituíntes do petróleo e son compostos reactivos que se combinan con metais alcalinos ou con ións de metais pesados. Sofren moi variadas reaccións de oxidación, e orixinan, con oxidantes suaves, disulfuros, algúns dos que, como a cistina, son dunha grande importancia biolóxica; con oxidantes fortes orixinan ácidos sulfónicos. Aplícanse como estabilizadores de polímeros, como intermedios na preparación de herbicidas, insecticidas e funxicidas, e como odorizantes para gas, e na industria farmacéutica.

Sinónimos