tipoloxía

tipoloxía

(

  1. s f

    Estudo que se basea na clasificación de tipos.

  2. s f [ARTE]

    Clasificación dos obxectos ou fenómenos artísticos en esquemas xenéricos ou tipos, de acordo con certas analoxías formais ou funcionais establecidas, que non prexulgan o valor estético nin a definición histórica. En arquitectura, xeralmente é relativa á función, e máis a miúdo á configuración, da planta e dos sistemas construtivos e da decoración. En todas as épocas da historia da arte pódese distinguir unha gran cantidade de constantes tipolóxicas en moitos niveis: tipos de composicións, tipos de figuras, de actitudes e de estados de ánimo ou de expresión facial, tipos proporcionais, tipoloxías imaxinarias ou indicacións ambientais tipificadas.

  3. s f [RELIX]

    Interpretación bíblico-teolóxica que se basea na correlación de tipos e antitipos.

  4. s f [FILOS]

    Doutrina dos tipos.

  5. s f [PSIC]

    Sistema de clasificación de individuos en tipos físicos ou psicolóxicos. Estas tipoloxías pódense reunir en tres grupos: as que relacionan a constitución física e o carácter, as psicoanalíticas e as fundamentadas na análise factorial.

  6. tipoloxía lingüística [LING]

    Descrición e clasificación das linguas en función de certos caracteres escollidos previamente e das afinidades que resultan. Todos os trazos lingüísticos poden contribuír ao establecemento dunha tipoloxía lingüística. A clasificación tipolóxica máis usual divide as linguas en illantes, aglutinantes e flexionais.