tiranía
(< grτυραννία)
-
s
f
[HIST/POLÍT]
Poder dunha soa persoa exercido dunha maneira opresiva. Na evolución social e política da Grecia antiga representa un estadio de transición entre o dominio da nobreza (aristocracia) e o estado popular (democracia). O fenómeno da tiranía produciuse dunha maneira xeneralizada en todas as cidades gregas, a excepción de Argos e Esparta, a finais do s VII e durante o s VI a C, e en Sicilia no s V a C. A perda de poder da aristocracia terratenente, fronte a unha nova clase enriquecida pola industria e o comercio, a depauperación dos pequenos propietarios e a presenza de numerosos refuxiados provenientes de Xonia favoreceron que algún nobre, co apoio das clases máis desherdadas, tentase reunir nas súas mans todos os poderes efectivos. Para contrarrestar este feito, os tiranos protexeron os campesiños, diminuíron os impostos para favorecer os máis pobres e chegaron a cancelar as débedas. Destacaron as tiranías de Periandro en Corinto, de Clístenes en Sición, de Teáxenes en Megara, de Pisístrato en Atenas e de Terón, Hierón e Denís en Sicilia. Durante o primeiro período da Idade Media foi considerado tirano o que, no seu arbitrio e deliberadamente, violaba as normas tradicionais que rexían as nacións. De aquí o problema, tan longamente debatido desde a Idade Media, sobre a lexitimidade da rebelión e ata do tiranicidio, tendo en conta que o tirano, como usurpador, era ilixítimo, en oposición á lexitimidade da monarquía.
-
s
f
Abuso opresivo de poder ou autoridade.
-
s
f
Dominio irracional que exerce unha paixón ou un afecto sobre a vontade de alguén.
Refráns
- A moitos debe temer aquel a quen moitos temen.
- a que de moitos é temido, a moitos ten que temer.
- Home a quen moitos temen, a moitos ten que temer.
- Para un rei case sempre sobra a lei.
- Reis rachan leis.
- Se teño eu pau ¿por que llo hei deixar a quen con el me pode dar?