tiristor

tiristor
s m [FÍS]

Dispositivo electrónico que se emprega como rectificador controlado, que consta de catro capas de semicondutor p e n alternas, xeralmente de silicio, e provisto de tres eléctrodos: ánodo, cátodo e eléctrodo de control. Presenta un funcionamento semellante a un tiratrón. É un dispositivo básico como elemento de control en circuítos de potencia e ademais a orixe doutros compoñentes, como o fototiristor. Unha variante é o SCS (silicon controlled switch), con catro terminais con dúas portas de control. OBS: Tamén se denomina tiratrón sólido.

Palabras veciñas

Tirinto | tirio -ria | Tiris Zemmour | tiristor | tirita | tirizó | Tírnovo