tiroide
(
-
adx
Relativo ou pertencente á tiroide.
-
-
s
f
[ZOOL]
Glándula de secreción interna dos vertebrados, difusa ou impar, que deriva do aparato dixestivo e se orixina como evaxinación media da farinxe. No home está situada na parte inferior e anterior do pescozo, ten consistencia mol e é de cor gris rosada que, no adulto, pesa de 20 a 30 gramos. Intervén na regulación do metabolismo fosfocálcico e é unha glándula endócrina que segrega diversas hormonas como a tiroxina e a calcitonina. OBS: Tamén se denomina glándula tiroide.
-
tiroide accesoria
Porción dependente da tiroide que se atopa na base da lingua.
-
s
f
[ZOOL]
-
s
f
[ANAT]
Cartilaxe da larinxe que está unida ao óso hioide e ao cartílago cricoide por ligamentos elásticos. Está formada por dúas placas que se unen na liña media formando un ángulo, máis ou menos prominente segundo o sexo, a idade ou o individuo. OBS: Tamén se denomina nó da gorxa.