tiroxina

tiroxina
Nome científico: [C<sub> 15</sub> H<sub> 11</sub> I<sub> 4</sub> NO<sub> 4</sub> ]
s f [BIOQ]

Hormona segregada pola glándula tiroide, que se sintetiza no seo da glándula a partir da unión de catro átomos de iodo coa tirosina. Circula polo sangue en forma libre ou unida a proteínas como a globulina ou a albumina, e intevén no crecemento e maduración dos tecidos, e no gasto enerxético e no metabolismo. Os seus niveis poden estar aumentados na enfermidade de Basedow, no bocio tóxico, nalgúns hipertiroidismos, na febre tifoide, na meninxite meningococia, na hepatite viral ou na tiroidite de Hashimoto; e poden estar diminuídos no hipotiroidismo, na acidose diabética, na celiaquía ou na insuficiencia renal crónica.