Tiso
Tiso
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do latín Thyrsus, a partir do grego Thirsos, que era o emblema de Dióniso, unha vara adornada con follas de parra coa figura do deus coma un cetro e que se usaba nas bacanais cun carácter máxico-relixioso. Tamén forma parte do apelido e do topónimo Santiso. Presenta a variante Tirso.