Titania
Titania
[ASTRON]
Terceiro satélite de Urano descuberto por F.W. Herschel o día 11 de xaneiro de 1787. A súa distancia media ao centro de Urano é de 438.000 km e a súa órbita ten unha excentricidade de 0,0022 e está situada case no mesmo plano ecuatorial de Urano. Ten un período de revolución sideral de 8 días, 16 h, 56’ e 30’’, un diámetro de 1.580 km e unha masa de 26×1023 g.