Tlaloc
Tlaloc
[MIT]
Deus azteca da chuvia que procede das culturas máis antigas (Teotihuacán). Tiña templo propio en Tenochtitlán, onde se lle ofrecían sacrificios humanos: os xemidos das vítimas eran un bo agoiro, ao igual ca as bágoas, que simbolizaban a chuvia desexada.