Tlaxcala

Tlaxcala

Estado de México, que limita ao N cos estados de Hidalgo e Puebla, ao L e ao S co de Puebla e so O co de México (4.016 km2; 962.646 h [2000]). A súa capital é Tlaxcala (73.230 h [2000]). É unha rexión moi montañosa situada no sector oriental da Cordillera Volcánica. A agricultura e a gandaría son as riquezas principais. Durante o predominio azteca foi autónomo, poboado polos tlaxcaltecos; os casteláns aliáronse con eles e obtiveron privilexios. No transcurso da época colonial o territorio dependeu administrativamente de Puebla. Desde 1824 pasou a formar un territorio de México.