Tobías o Novo
Tobías o Novo
(s VII a C) Personaxe bíblico, fillo de Tobías o Vello. Nunha viaxe encomendada polo seu pai para recuperar uns talentos, estivo acompañado do arcanxo Rafael. No Tigris pescou un peixe ao que lle sacou o corazón, co que desbaratou os maleficios do demo Asmodeo, e co fel curou a cegueira do seu pai. Represéntase cun gran peixe na man, acompañado do arcanxo Rafael.