tocoferol
tocoferol
Nome científico:
[C<sub> 29</sub> H<sub> 50</sub> O<sub> 2</sub> ]
s
m
[QUÍM/BIOQ]
Denominación xenérica de diversos fenois naturais e de estruturas intimamente relacionadas (α-tocoferol, β-tocoferol ou γ-tocoferol, entre outros), que constitúen o complexo vitamínico E. Atópanse amplamente dispersos na natureza, principalmente nos aceites vexetais e no trigo. A súa falta ocasiona esterilidade en diversos roedores, pero non no home, en que pode provocar esgotamento muscular e nervioso, así como edema xeneralizado en todos os mamíferos. A súa función bioquímica é a de antioxidantes, e aplícanse como aditivos alimentarios.