togata*
togata*
adx
[ESPECT]
Aplícase á comedia romana da segunda metade do s II a C, en que se representaban escenas da vida cotiá protagonizadas por personaxes que ían vestidos con toga, sinal distintivo dos romanos. Sucesora da paliata, cultivárona Vetio Titinio, T. Quincio Ata e, especialmente, L. Afranio.