Tokugawa

Tokugawa

Familia nobre xaponesa, -xurdida do mesmo tronco que a dos Minamoto- á que estivo vinculado o último shogunado (1603-1868). En 1603 Iyesasu Tokugawa (morto en 1616), que fora proclamado shōgun en Edo, unificou administrativamente Xapón e someteu os daimios ao seu poder. Os Tokugawa protagonizaron unha era xenófoba e anticristiá, que rompeu case todos os vínculos coas potencias europeas. Non obstante, foi moi notable no aspecto cultural. A comezos do s XIX o shogunado e a dinastía Tokugawa entraron en crise a causa das transformacións internas e a presión exterior. En 1868 o último shōgun, Yoshinobu Tokugawa (morto en 1913), entregou os seus poderes ao Emperador Mutsuhito I de Xapón, co que comezou a época Meiji.

Palabras veciñas

tokhario -ria | Tokio | Tokorozawa | Tokugawa | Tokushima | Tokushima | Tokutomi, Rokwa