tomateira

tomateira

(

Nome científico: [Lycopersiconesculentum, Fam das solanáceas]
s f [PLANTA]

Planta herbácea perenne na súa zona de procedencia, que se cultiva como anual en gran parte do mundo. Presenta talos de 40 a 200 cm de altura, pilosos, brandos ou enderezados. As follas son alternas, imparipinnadas, con folíolos ovados coas beiras dentadas. As flores son de cor amarela dispostas en cimas. Coñécense moitas variedades de cultivo polo que o froito varía en canto á forma e tamaño, desde o esférico ata o piriforme. É orixinaria de América tropical, onde xa era cultivada polos amerindios. O seu cultivo está estendido a todas as rexións temperadas e tropicais.

Sinónimos

Palabras veciñas

Tomasi di Lampedusa, Giuseppe | tomatada | tomate | tomateira | tomba | Tomba, Alberto | tombal