Tomboutou ou Timbutú
Tomboutou ou Timbutú
Capital da rexión de Tomboutou, Mali, situada ao NO do gran meandro do Níxer (19.166 h [1976]). Fundado polos bérberes, probablemente tuaregs, islamizados (1077?), foi un florecente centro comercial (ouro, sal e escravos) e cultural do Islam africano. Anexionada ao Reino de Mali en 1336 e ao imperio dos Songhay en 1468, a partir da expedición marroquí a Sudán (1591) dependeu dos sultáns de Marrocos. A comezos do s XVIII iniciou a decadencia, tanto económica como cultural, e volveu pasar a mans dos tuaregs (1792). O tratado franco-británico de 1890 asignoulla a Francia, que a ocupou ata 1894.