topacio

topacio

(

s m [MINERAL]

Aluminosilicato hidratado con flúor, de fórmula Al2SiO4(OH,F)2, que cristaliza no sistema rómbico en cristais prismáticos moi grandes, tamén se presenta en masas de gran fino ou groso. Ten unha dureza de 8 e unha densidade de 3, 5-3, 6. É incoloro ou branco, aínda que pode presentarse en cristais transparentes de cor azul ou amarela clara, e algunhas veces rosada. Os exemplares transparentes empréganse en xoiaría como pedras preciosas.

Palabras veciñas

top(o)- | 2 top* | Topa Cusi Huallpa | topacio | topada | topar | 1 tope