Topkapi ou Topkapi Sarayi
Topkapi ou Topkapi Sarayi
Palacio dos sultáns atománs en Istambul, coñecido tamén co nome do Serrallo. Construído por Mehmet II (acabado en 1478) no lugar da antiga acrópole, baixo Solimán o Magnífico pasou a ser a sede oficial do sultán, ata que en 1855 Abdülmecit a trasladou ao palacio de Dolmabahçe.