toponimia

toponimia

(< topo- +ὅνομα ‘nome’)

  1. s f [LING]

    Conxunto de topónimos.

  2. s f [LING]

    Parte da onomástica que estuda os nomes de lugar, e que ten por obxecto determinar a súa forma correcta, así como a que lingua pertencen para precisar as diferentes capas de poboacións que se sucederon nun territorio. Apóiase na lingüística e na dialectoloxía, pero tamén recorre á xeografía, á etnoloxía, á arqueoloxía e á historia.

Palabras veciñas

topolóxico -ca | topometría | topón -na | toponimia | toponímico -ca | topónimo | Topozero