toque
(< voz onomatopeica)
-
s
m
Acción e efecto de tocar.
-
s
m
[ARTE]
Pincelada lixeira.
-
-
s
m
[MÚS]
Acción de tocar determinados instrumentos como as campás, os tambores ou as trompetas como sinal dalgunha actividade.
-
toque de atención
[BÉL]
Toque de corneta con que se avisa para que a xente se retire antes de impoñer a orde pola forza.
-
toque de oración
[RELIX]
Repenique de campás que se fai ao solpor ou ao mediodía, que invita os fieis a saudar a Virxe (toque do ángelus) ou a pregar polos defuntos (toque de ánimas).
-
toque de oración
[BÉL]
Toque ao solpor para arriar a bandeira e facer un silencio polos soldados caídos
-
toque de mortos/de morto
Badaladas que anuncian a morte ou funeral de alguén.
-
s
m
[MÚS]
-
s
m
[CONSTR]
Cada unha das padas de cal ou xeso coas que os albaneis suxeitan as regras e as miras ou con que definen unha aliñación ou un plano.
-
s
m
[MED]
Aplicación lixeira dunha substancia medicamentosa nun punto determinado.
-
s
m
[IND]
Ensaio que se fai coa pedra de toque.
-
s
m
Característica ou trazo particular que ten algo ou alguén.
Frases feitas
-
Toque de atención. Advertencia que se fai a alguén para desvialo dunha conduta inconveniente.