tórax

tórax

(

  1. [ZOOL]
    1. s m

      Parte do tronco dos animais co corpo diferenciado lonxitudinalmente e que está situado entre a cabeza e o abdome. Dentro da súa cavidade sitúanse órganos como os pulmóns ou o corazón.

    2. tórax alar/plano

      Tórax humano aplanado en sentido saxital coas escápulas saídas.

    3. tórax de amazona

      Tórax humano que ten unha soa mama.

    4. tórax en quilla

      Deformación raquítica do tórax humano con saída do esterno e aplanamento das costelas.

  2. s m [ENTOM]

    Rexión corporal de moitos invertebrados que está situada entre o abdome e o pescozo e que consta de tres segmentos (metatórax, mesotórax e protórax).

Palabras veciñas

torana* | torar | Torás | tórax | torba | Torbay | Torbeo