Toros de Guisando, Tratado dos
Toros de Guisando, Tratado dos
Pacto entre Enrique IV de Castela e a súa irmá, a futura Isabel I (1468), que puxo fin á guerra civil, e na que Isabel foi recoñecida como herdeira de Castela. Con isto foi declarado de forma implícita a ilexitimidade de Xoana a Beltranexa, filla do monarca. Acordouse tamén que Isabel casaría co consentimento do seu irmán, cláusula que incumpliu ao casar con Fernando II de Aragón, o que provocou a anulación do acordo.