torsión

torsión

(

  1. s f

    Acción e efecto de torcer ou torcerse.

  2. [TECNOL]
    1. s f

      Deformación que experimenta un corpo que está sometido a dúas parellas de forzas, unha das que pode ser a reacción da outra, e actúan en sentidos contrarios e en dous planos paralelos, de maneira que cada sección do corpo sofre unha rotación respecto á outra sección próxima.

    2. ángulo de torsión

      Ángulo que forma unha sección recta dunha árbore ou dun eixo con relación a outra sección análoga, cando se aplica á árbore un aparato ou un momento de torsión.

    3. ensaio de torsión

      Ensaio en que unha probeta se somete a un esforzo de torsión para determinar a resistencia.

  3. s f [TÉXT]

    Número de voltas que se dá nun fío ao fialo para evitar que as fibras se poñan unhas sobre outras. O sentido de torsión está definido mediante as letras S e Z. Cando se ve un fío vertical, coas espirais inclinadas igual ca a parte central da letra S, denomínase torsión S ou torsión dereita, e no caso contrario torsión Z ou torsión esquerda.

  4. torsión dunha curva [MAT]

    alor numérico, definido para cada punto dunha curva, que vale cero nas curvas planas e que expresa canto se separa a curva considerada dunha curva plana nun contorno do punto considerado.