totalidade

totalidade

(< total)

  1. s f

    Calidade de total.

  2. s f

    Conxunto dos elementos que constitúen un todo.

    Sinónimos: total.
  3. s f [FILOS]

    Categoría da clase de cantidade que expresa a unidade da pluralidade, no cadro das doce categorías do pensamento de I. Kant.

  4. lei de totalidade [PSIC]

    Principio segundo o que todo aquilo que formou parte dun todo mental adoita facer aparecer este todo. É fundamentalmente un fenómeno mental que consiste en que, ao darse nun individuo unha repetición dun elemento da súa vida psicolóxica pasada, tende a reproducirse dunha maneira integral todo o conxunto do estado de consciencia do que formaba parte.

  5. principio de totalidade [PSIC]

    Principio empregado principalmente polos representantes da escola da psicoloxía da forma que considera que o todo presenta propiedades distintas das dos seus compoñentes.

Palabras veciñas

Tot, Amerigo | total | TotalFinaElf | totalidade | totalitario -ria | totalitarismo | totalitarista