touca
touca
(< lat hispánico tauca
-
s
f
[INDUM]
Peza de tea que cobre a cabeza. É de forma rectangular feita de liño fino, tule ou encaixe e que se suxeita á cabeza mediante un fío de liño ou unha fita de seda. Tiña un uso máis estendido durante a Idade Media e o Renacemento, aínda que tamén forma parte do traxe feminino de gala de certas zonas. É moi semellante á cofia e a principal diferenza está na forma de saco que ten esta última.
-
s
f
Peza de tea coa que as monxas e as freiras cobren a cabeza e os ombreiros.
-
s
f
Peza, polo xeral de punto de la, que empregan as mulleres para abrigar as costas.
-
s
f
Especie de rede de graxa que suxeita o intestino á parede do abdome.