toupa
(< lat v *talpu < lattalpa)
-
s
f
[ANIMAL]
Mamífero insectívoro pertencente ao xénero Talpa.
Sinónimos: teipa, teupa, tiopa, toupeira, toupo. -
toupa cega
[ANIMAL]
Mamífero de entre 9 e 14 cm de lonxitude, moi similar á toupa común mesmo nos costumes, pero ao contrario que esta, os machos son máis grandes ca as femias. Aparece principalmente nas zonas onde non se atopa a toupa común, en España na rexión meridional.
-
toupa común
[ANIMAL]
Mamífero de entre 11 e 16 cm de lonxitude, cunha cola de ata 3,8 cm, sendo as femias máis grandes ca os machos. O corpo é cilíndrico, co pescozo apenas apreciable, e carecen de pabellóns auditivos. A pelaxe é negra e as extremidades anteriores están modificadas para a escavación, en forma de pa coas unllas longas e fortes. Teñen os ollos pequenos, practicamente non poden ver nada, e o fuciño agudo e de cor máis clara ca o resto do corpo. Depende principalmente do sentido do tacto e do olfacto para moverse e no fuciño posúe unhas proxeccións, coñecidas como órganos de Eimer, que potencian a súa sensibilidade. Están activos durante as 24 horas do día, alternando períodos de actividade con outros de descanso. Escava galerías (toupeiras) de ata 150 cm de lonxitude, pero non son permanentes, dado que se afunden ao continuar coa escavación. Cando sae á superficie, despois das chuvias, deixa unha pegada tripla no chan. É moi voraz, pero no inverno reduce a súa actividade xa que entra a maior profundidade nas toupeiras. Aliméntase principalmente de miñocas de terra e insectos. Están distribuídas por toda Europa, e na metade setentrional da Península Ibérica, onde viven nas terras de cultivo, xardíns e bosques, pero evitan as zonas pantanosas ou os solos moi secos e areosos.