Tour de France
Tour de France
Carreira ciclista de fondo en estrada por etapas, que se disputa anualmente en Francia desde 1903, agás entre 1939 e 1947, en que non se disputou por mor da Segunda Guerra Mundial. Desde 1919 o líder da carreira diferénciase por levar o maillot jaune, ou xersei amarelo. Os ciclistas que gañaron a proba en máis ocasións foron Jacques Anquetil, Eddy Merckx, Bernard Hinault, Miguel Indurain e Lance Armstrong.