Traba, condado de

Traba, condado de

Liñaxe medieval que destacou no conflito dinástico que se produciu á morte de Reimundo de Borgoña (1107) entre Urraca I e Afonso Reimóndez. Pedro Froilaz , conde de Traba deu o seu apoio ao segundo (futuro Afonso VII). O seu fillo, Fernando Pérez foi candidato á coroa de Portugal polas súas relacións coa raíña Tareixa e o seguinte conde de Traba, Gonzalo Fernández , destacou na corte de Fernando II. O s XIII, foi o último momento de esplendor da casa con Rodrigo Gómez , que participou co arcebispo de Santiago de Compostela, Xoán Arias, na reconquista do S de España, ademais de apoiar como mecenas os trobadores galaico-portugueses. Posteriormente as posesións dos Traba pasaron a mans dos Salgado e Biedma. O seu patrimonio abarcaba terras como a de Caldas ou Sarria, posesións na diocese de Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui e Santiago de Compostela, á vez que ostentaban diversos títulos como os de Montenegro e Trastámara. Estivo moi vinculada ao mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, recibido por doazón de Urraca I e Afonso VII.

Palabras veciñas

traba | Traba | Traba | Traba, condado de | Traba, lagoa de | Traba, ponte de | Traba, praia de