Trades Union Congress

Trades Union Congress
Nome científico: [TUC]

Confederación sindical británica creada en 1868 en Manchester. Inicialmente eran sindicatos de obreiros cualificados agrupados por oficios (vello unionismo). Comezaron a ter importancia a partir de mediados do s XIX, despois de obter a liberdade de asociación e tras o fracaso do cartismo. A partir de 1885 comezou a coller forza o novo unionismo, que agrupaba obreiros con pouca ou ningunha cualificación sobre a base da industria e non a do oficio. En 1906 xurdiu o Labour Party como expresión política das Trade Unions.

Palabras veciñas

Tracy, Spencer Bonaventure | trade | tradear | Trades Union Congress | Tradescantia | tradición | tradicional