tradicionalismo
(
-
s
m
[FILOS]
Doutrina filosófico-relixiosa aparecida no catolicismo francés da Restauración, en oposición ao pensamento ilustrado que inspirou a Revolución de 1789. Afirmaba a necesidade da monarquía e da Igrexa como vehículos polos que o home chegaba ao contido dunha revelación divina primitiva constituída polas verdades teóricas e prácticas fundamentais. Os seus representantes máis destacados foron L. de Bonald, J. de Maistre, F. R. Lamennais e L. Bautain, e, en España, Juan Donoso Cortés.
-
s
m
[HIST/POLÍT]
Doutrina política que defende a soberanía real exercida a través das institucións propias da sociedade foral e estamental. En España foi adoptada polo carlismo, e implicaba o retorno á monarquía absoluta, baseándose na tese da lexitimidade da lei sálica, no dereito divino da monarquía e, polo tanto, na defensa decidida da relixión católica. Posteriormente, esta doutrina procurou unha xustificación histórica na identificación da monarquía absoluta cunha suposta monarquía tradicional medieval. Esta identificación completouse co recoñecemento dos foros ou leis tradicionais dos diferentes reinos da monarquía hispánica. Despois da Terceira Guerra Carlista, Juan Vázquez de Mella fundou o Partido Tradicionalista. Na Segunda República Española creouse Comunión Tradicionalista que en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista e das Jons.
-
s
m
Afección ás cousas tradicionais.