trama
(< lat trama)
-
s
f
[TÉXT]
-
Fío ou conxunto de fíos que van dun lado ao outro dun tecido entrelazados e entrecruzados cos fíos do urdido. Nun tecido pode haber diversas tramas, cada unha das cales require unha lanzadeira no tear.
Sinónimos: tramado. -
Fiados feitos para formar a trama dun tecido ou dun xénero de punto.
-
-
s
f
Estrutura semellante á dunha trama dun tecido.
-
s
f
Maquinación secreta ou intriga.
-
s
f
[LIT]
Disposición interna dunha obra literaria, cunha especial referencia ao asunto ou argumento.
-
s
f
[GRÁF]
Lámina transparente finamente cuadriculada ou reticulada disposta entre a placa sensible e o obxectivo no fotogravado, para que, ao descompoñer a imaxe en pequenos puntos de luz, sexa posible a obtención de tons medios nos gravados directos.
-
s
f
[FÍS]
Conxunto de liñas exploradas polo feixe electrónico que ocupan a totalidade da área correspondente á imaxe transmitida ou que se quere transmitir.