trancho

trancho

(

Nome científico: [Sprattussprattus, Fam dos clupeidos]
s m [ANIMAL/ICT]

Peixe mariño clupeiforme de ata 15 cm de longo co corpo moderadamente alongado e comprimido lateralmente, opérculo liso sen estrías e cunha liña lonxitudinal de 47-50 escamas. Amosa unha aleta dorsal situada un pouco despois do medio do corpo, característica que o distingue dunha especie moi semellante, a sardiña. A coloroción é azulada no dorso e prateada nos flancos e ventre. É unha especie gregaria e peláxica que aparece nos fondos menores de 200 m de profundidade e aliméntase de zooplancton.

Sinónimos

Palabras veciñas

trancar | trancazo | trancha | trancho | tranco | trandeira | Trandeiras, Bon Xesús de