Trans World Airlines
Trans World Airlines
Nome científico:
[TWA]
Compañía estadounidense de transporte aéreo. Foi fundada en 1930 mediante a fusión da Western Air Express e a Trans Continental Air Transport. Participou directamente na construción do Douglas DC3 e do Constellation, primeiro avión de transporte intercontinental. A súa rede internacional cobre os cinco continentes. A partir de 1967 diversificou as súas actividades (absorción da cadea de hoteis Hilton e da de restaurantes Canteen Corp) e, despois dunha importante crise financeira, foi adquirida por American Airlines en 2001.