transcendencia

transcendencia

(< lat transcendentĭa)

  1. s f

    Calidade de transcendente.

  2. s f

    Acción de transcender.

  3. s f

    Importancia ou repercusión que adquire algo ou alguén.

  4. s f [FILOS/RELIX]

    Calidade do que queda máis alá dun ser ou dun conxunto de seres e, especialmente, do que permanece fóra de toda experiencia posible, entendida esta en sentido kantiano, é dicir, que queda máis alá do espazo e do tempo. Segundo o que se entenda por inmanencia, estará máis ou menos determinado o ámbito correspondente da transcendencia; en Kant, este ámbito caracterízase como o ámbito da cousa en si e concretamente como o ámbito correspondente ao mundo, á alma e sobre todo a Deus, como síntese ideal e suprema dun e doutra. O primeiro que procurou superar a escisión entre inmanencia e transcendencia consagrada filosoficamente por Kant foi Hegel, que fixo de ambos os dous extremos correlativos unha única dialéctica. A concepción cristiá, por outra banda, insistiu sempre na afirmación simultánea da transcendencia e a inmanencia á hora de conceptualizar a relación entre Deus e a creación, así como entre graza e liberdade, fe e razón ou sobrenatural e natural.