transferencia
(
-
s
f
Acción e efecto de transferir.
-
s
f
[CIBERN]
Acción de xerar, nun sistema cibernético, un sinal de saída a partir dun sinal de entrada. Chámase transferencia conservativa se a enerxía do sinal de entrada e a do de saída son iguais, transferencia activa se a enerxía do sinal de entrada é inferior á do de saída, e transferencia pasiva se é ao revés.
-
[ECON]
-
s
f
Traspaso dunha persoa a outra dun dereito, unha obriga ou a posesión dunha cousa, especialmente relacionado coa propiedade.
-
s
f
Documento onde se formaliza a transmisión dunha propiedade.
-
s
f
Transmisión unilateral de diñeiro, bens ou servizos que un axente económico, normalmente un estado, realiza a outro cun obxectivo social ou económico, como é o caso dos subsidios, as pensións, as subvencións ou as bolsas de estudos.
-
transferencia bancaria
Operación a través da que se efectúa un traspaso de fondos dunha conta bancaria a outra.
-
transferencia de crédito
Operación que, no marco da legalidade, varía a dotación dos diferentes servizos sen incrementar o gasto total do orzamento dun estado.
-
transferencia de fondos
Envío de fondos que realizan os residentes dun país a outro, sen ser obxecto de contraprestación.
-
s
f
-
s
f
[QUÍM]
Paso dun produto intermedio dunha instalación a outra na que ten que reaccionar.
-
s
f
[XEN]
Mecanismo polo que certo material xenético dunha bacteria, denominada doadora, se incorpora ao xenoma doutra bacteria, denominada receptora. Son tipos de transferencia a transdución, a transformación e a conxugación.
-
s
f
[PSIC/MED]
Transposición dunha emoción dun obxecto (persoa ou cousa) a outro. Utilízase como método terapéutico na psicanálise e consiste en que o paciente proxecte as súas emocións e sentimentos inconscientes sobre a persoa do psicanalista.
-
s
f
[TECNOL]
Sistema de fabricación en cadea perfecta no que as pezas pasan automaticamente da máquina que vén de facer unha operación á seguinte.
-
función de transferencia
[AUTOM]
transmitancia.
-
transferencia de poboación
[DEMOG]
Intercambio de poboación entre estados, como consecuencia dunha modificación de fronteiras ou pola eliminación de minorías.
-
transferencia de poderes
[DER]
Cesión ou renuncia dunha atribución, cargo, dereito ou dominio dunha cousa en favor doutra persoa.