transformismo
transformismo
(< transformar)
s
m
[BIOL]
Teoría biolóxica que explica a aparición de diversas especies a partir de transformacións sucesivas. As especies vexetais e animais transfórmanse noutras a través de sucesivas mutacións, debido á influencia do medio natural. A teoría do transformismo fixo posible a formulación científica do evolucionismo, que se debe a Lamarck e Darwin.