transudado

transudado

(< trans- + lat sudatu)

s m [PAT]

Líquido orgánico que atravesa unha superficie non inflamada (pel, mucosa ou serosa), como ocorre principalmente na insuficiencia cardíaca, na nefrose e na cirrose. Ten unha densidade inferior a 1,015 e unha concentración de proteínas inferior á metade da concentración sanguínea.