tranvía
tranvía
(< ingl tramway)
s
m
Ferrocarril, xeralmente de tracción eléctrica, cuxos carrís, de perfil especial, están encaixados no pavimento da rúa ou da estrada. Os primeiros tranvías, que eran de tracción animal, foron empregados en Nova York en 1842. Entre o establecemento dos tranvías de tracción animal e os de tracción eléctrica instaláronse en diversas cidades tranvías de tracción a vapor. A causa do aumento constante do tránsito nas cidades foron substituídos primeiro polos trolebuses e despois polos autobuses.