Trasouteiro, pazo de
Trasouteiro, pazo de
Construción situada en Vimianzo. Ten dous corpos en forma de ángulo, o máis estreito acolle as cortes e no máis ancho e alto ten unha escaleira perpendicular á fachada que dá acceso a un piso alto. Conserva unha pedra de armas que alude aos Ramos, Aguiar e Paredes. Conserva a capela.