treboada

treboada

(

  1. s f

    Chuvia forte e intensa, de pouca duración, que pode ir acompañada de vento.

    Sinónimos: torboada, trebón.
  2. s f

    Conxunto de perturbacións atmosféricas violentas, sobre todo cando se producen tronos.

    Sinónimos: trebón.
  3. liña de treboadas [METEOR]

    Liña ao longo da que o aire frío que descende se atopa co aire quente, o que dá lugar a un cambio brusco na dirección do vento, un rápido descenso da temperatura e un rápido aumento da presión. A miúdo son moi curtas e difíciles de identificar nos mapas do tempo.