Trece Colonias
Trece Colonias
Nome dado ás colonias británicas de América do Norte que se declararon independentes (1776) e formaron o núcleo orixinario de EE UU (1787-1790). Foron, no S: Georgia, Carolina do Norte, Carolina do Sur, Virginia e Maryland; no centro: Delaware, Pennsylvania, New Jersey e New York; e, no N: Connecticut, Rhode Island, Massachusetts e New Hampshire.