tremor

tremor

(< lat tremōre)

  1. s m

    Acción e efecto de tremer.

  2. [PAT]
    1. s m

      Conxunto de pequenas oscilacións uniformes e rítmicas que moven involuntariamente un ou máis segmentos do corpo.

    2. tremor fisiolóxico

      Tremor pasaxeiro que sobrevén a consecuencia dunha emoción, do frío ou da fatiga.

  3. tremor de terra [XEOL]

    terremoto.

Palabras veciñas

tremoia | tremolita | trémolo | tremor | Tremp | trémulo -la | Tremuzo, O