tren
(< fr train)
-
s
m
[TRANSP]
-
Serie de vagóns enganchados uns aos outros arrastrados por unha ou máis locomotoras, que poden levar pasaxeiros (tren de pasaxeiros) ou mercadorías (tren de mercadorías ou tren de carga) dun punto a outro dunha vía férrea.
-
ferrocarril.
-
-
-
s
m
Conxunto de ferramentas, máquinas ou dispositivos que se empregan nunha mesma operación ou cunha mesma finalidade.
-
tren de artillaría
[BÉL]
Conxunto de soldados, vehículos, animais ou calquera outro elemento que se emprega no transporte da artillaría.
-
tren de aterraxe
[AERON]
Conxunto de elementos que permiten a un avión levar a cabo as operacións de inicio de voo e aterraxe. Está constituído por unhas estruturas moi resistentes que están fixadas á estrutura da fuselaxe ou das ás, rematadas na súa parte inferior por patíns, esquís ou xeralmente, rodas repregables.
-
tren de engranaxes
[TECNOL]
Sistema ou conxunto de rodas dentadas que co movemento de rotación recibido ou transmitido contribúen á realización dun mesmo traballo.
-
tren de ondas
[FÍS]
Grupo de ondas que se repiten sucesivamente.
-
s
m
-
s
m
[DEP]
Xeito de levar unha carreira ou un partido no referente á súa velocidade ou intensidade de xogo.
-
s
m
Termo do barallete que corresponde á voz que designa a ferramenta e o oficio dos naceiros (afiadores), fullateiros (paraugueiros) e gobernadores (lañadores).