Tres Capítulos, cuestión dos

Tres Capítulos, cuestión dos

Controversia iniciada pola política conciliatoria do Emperador Xustiniano I cara aos monofisitas. Os Tres Capítulos eran escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa que Xustiniano condenou como nestorianos. En Occidente, a decisión imperial foi tomada como un ataque ao Concilio de Calcedonia, e o Papa Vixilio rexeitou aceptala. Convocado á Corte, tivo que asinar baixo presión o Iudicatum (548) ou condena dos Tres Capítulos, aínda que despois retractouse. Coa convocatoria do Concilio II de Constantinopla (553), na que o emperador condenou os Tres Capítulos, Vixilio tivo que recoñecer finalmente a condena, ao ser sometido a prisión e torturas en Constantinopla.