triac
triac
(< ingl triac)
s
m
[FÍS]
Dispositivo electrónico semicondutor que se emprega para controlar e regular unha corrente alterna. Está constituído basicamente por unha serie de catro capas p e n alternas e compórtase como un circuíto formado por dous tiristores conectados en paralelo e opostos, polo que conducen as dúas alternancias da corrente alterna.