Trianon

Trianon

Conxunto de dous pequenos palacios construídos nos xardíns de Versailles. Por encargo de Luís XIV, J. Hardouin-Mansart edificou Le Grand Trianon (1686-1687), composto por dous corpos que forman un hemiciclo e se unen por un perístilo; os xardíns son obra de J. Le Vau e A. Le Nôtre. Nun bosque próximo, A. J. Gabriel construíu, por orde de Luís XIV, Le Petit Trianon (1762-1766). Foi habitado por María Antonieta, que o fixo circundar por un xardín á inglesa.